Por que nos pican os mosquitos?

Moitas veces nos preguntamos porque estando nun mesmo lugar ca outras persoas a nós nos pican os mosquitos e a eles non. Os científicos atoparon a resposta, pero trae consigo unha mala noticia, os fillos destas persoas heredarán este “calvario”.

A razón descuberta é que o factor determinante da elección ou non de picarnos que toman os mosquitos é a nosa xenética. O importante disto, é un mundo no que millóns de persoas morren por enfermidades trasmitidas por estes insectos, é dicir, vai moito máis alá do martirio das molestas noites de verán.

images

Os resultados dun dos moitos estudios ata o de agora realizados é a demostración dun compoñente xenético unido ao tipo de olor humano. Unha diferenza xenética detectable polos mosquitos a través do noso olor e que utilizan estes bichiños durante a selección da persoa.

Parece ser que non só a xenética inflúe, tamén o fan outros factores, como por exemplo, beber cervexa, a temperatura corporal, a suor, a emisión de Co2 , a roupa de cores oscuros, as bacterias da pel e as embarazadas que semellan atraer máis ós mosquitos.

Advertisement

Premio princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica!

Jennifer Doudna (especialista estadounidense en bioquímica) Emmanuelle Charpentier (especialista francesa en xenómica), foron galardonadas co premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica.

Charpentier-doudna-Premio-Princesa-Asturias-Investigacion_TINIMA20150528_0115_5

Doudna e Charpentier recibiron o recoñecemento pola súa contribución ao avance da enxeñaría xenética. En concreto, estas investigadoras desenvolveron un método, o CRISPR-Cas9, que permite editar o ADN. É dicir, fai posible retirar e engadir material xenético “cando se desee” -como un ‘corta e pega’. A técnica empregouse xa no ámbito do cancro para reducir a sensibilidade contra a quimioterapia.

A posibilidade de manipular a información xenética, descuberta fai apenas uns anos, abre a porta a cambiar radicalmente o tratamento e a investigación dun gran número de enfermidades e xa recibiu varios galardóns precisamente porque se considera un dos principais achados na última década da biomediciña.

bio-medicina

Doudna é profesora na Universidade de Californa en Berkeley e dirixe o seu propio laboratorio no Howard Hughes Medical Institute (EUA). Por outro lado, Charpentier está á fronte dun equipo de investigadores na Universidade de Umea (Suecia) e no Centro Helmholtz para a Investigación de Infeccións (Alemaña). Ambas as dúas desenvolveron a técnica CRISPR-Cas9 inspirándose nun mecanismo do sistema inmune das bacterias grazas ó cal son capaces de detectar e cortar secuencias xenéticas infectadas por un virus e bloquear a súa acción substituíndo ese material xenético por outro que non estea danado.

O galardón consiste nunha escultura deseñada por Joan Miró ademais de 50.000 euros en metálico, un diploma e unha insignia.

emmanuelle-charpentier-y-jennifer-doudna

O pasado ano recibiron este recoñecemento o químico valenciano Avelino Corma e os estadounidenses Mark E. Davis e Galen D. Stucky pola súa contribución ao desenvolvemento de novos materiais, que permitiron reducir as emisións contaminantes, crear novos fármacos ou mellorar alimentos.

Estes galardón significan que a biomediciña avanza cada día un poquiño máis, como as formigas, pasiño a pasiño. Esperemos que este camiño nunca deixe de avanzar e poidamos seguir investigando e creando novos fármacos para erradicar enfermidades  ata o de agora sen cura aparente.

Boeing, pioneira nas viaxes espaciais comerciais!

A primeira compañía privada que poderá realizar misións comerciais tripuladas é Boeing, e o destino destas viaxes será a Estación Espacial Internacional (ISS), tras acadar a certificación da NASA. A empresa SpaceX de Elon Musk tamén está desarrollando unha cápsula para ir máis alá das misións de carga, polo que estás dúas compañías competiran nun futuro próximo.

20133099m

Esta certificación significa que a compañía aeroespacial estadounidense está autorizada para realizar a primeira misión de servicio baixo o contrato de capacidade comercial de transporte tripulado (Commercial Crew Transportation Capability). Boeing xa foi seleccionada en setembro do ano pasado como unha das compañías para construír unha nave espacial tripulada que faga misións de servicio á EEI.

descarga

Desta forma, EEUU deixará de depender das lanzadeiras rusas, tras xubilar os transbordadores espaciais en xulio de 2011 co último voo do Atlantis. A cápsula de Boeing bautizouse como a CST-100 e con ela espérase chegar á Estación Espacial çen 2017.

Boeing ten previstos dous vóos que poderán ser seis. Polo de agora a compañía conseguiu demostrar que o deseño está o suficientemente capacitado para proceder ó ensamblaxe e realizar as primeiras probas.

Inge Lehmann.

O pasado 13 de maio, fixeron cento vinte e sete anos do nacemento dunha das sismólogas máis importamntes que existiron, Inge Lehmann.

Esta gran muller danesa naceu o 13 de maio de 1888 e faleceu o 21 de febrero de 1993. Filla dun psicólogo experimental, Alfred Georg Ludvik Lehmann, comezou os seus estudos nunha escola pedagóxica progresista dirixida por Hanna Adlers. Según Lehmann, o seu pai e Adler foron as dúas influencias máis importantes no seu desarrollo intelectual. Estudou matemáticas Copenhague e Cambridge pero con algunhas interrupcións debidas ó seu mal estado de saúde. Converteuse en asistente xeodésica de Niels Erik Nørlund, quen lle encargou a tarea de creación de observatorios sismolóxicos en Dinamarca e Groenlandia. Foi nesta etapa da súa vida, cando comezou a interesarse de verdade pola sismografía.

descarga (2)

En 1920 obtivo o título en matemática despois de 12 anos de estudos de pregrado e postgrado na universidade de Copenhague e de Cambridge.

Lehmann comezou a carreira de sismoloxía en 1925 e coa axuda de N.E. Norlund estudou de redes sísmicas en Dinamarca e en Groenlandia. En 1928 foi nomeada a primeira xefa do departamento de sismoloxía do Real Instituto Xeodésico Danés, e no que permaneceu durante 25 anos.

Foi a pioneira en defender a idea de que o núcleo interno da Terra está dividido en dúas partes: unha esfera interna sólida e unha capa viscosa que envolve á anterior. A existencia dunha capa interior do núcleo interno maniféstase porque as ondas P (ondas primarias no rexistro sismolóxico) desvíanse e cambian de velocidade (aceleran) ó atravesar a discontinuidade que separa as dúas partes do núcleo. Esta discontinuidade recibe o nome de Bello, de Wiechert-Lehmann-Jeffrys ou discontinuidade de Lehmann, no seu honor. Aínda que normalmente con este último nome faise referencia á discontinuidade que hai a uns 190-220 km de profundidade no manto que tamén foi descuberta por Lehmann.

20070417klpcnatun_9.Ees.SCO

Feliz día mamá!

Non hai unha experiencia comparable a traer un neno ó mundo, en especial para a nai que o levou 9 meses no seu seo. Coidar e preocuparse pola supervivencia do recén nacido é un sentimento que vai pegado a converterse en nai, para logralo, durante o embarazo comezan unha serie de transformacións no cerebro que poñen en marcha o instinto maternal. Grazas a elas, a nai pasa de estar centrada na súa propia existencia a envorcarse no coidado do beebé, que agora, e durante un longo período de tempo, dependerá dela para sobrevivir.

descarga (3)

Ademais do amor de nai, cabe ter en conta que tamén existe unha química cerebral. A diferenza dos réptiles, os mamíferos substituíron a estratexia de poñer moitos ovos e apenas coidalos pola de ter cada vez menos crías e protexelas mellor dende antes do nacemento. A encargada de poñer en marcha os coidados maternos foi a oxitocina, coñecida tamén como «hormona do amor».

En realidade esta última «ocupación» adquiriuna despois. Ó principio esta pequena e primitiva proteína encargábase de manter o balance axeitado de sal e auga. Logo empezouse a ocupar das condutas reprodutoras e maternais. Producida no hipotálamo, a rexión do cerebro encargada de coordinar as condutas esenciais para supervivencia, a oxitocina actúa como hormona e como neurotransmisor. A súa liberación ao final do embarazo provoca as contraccións durante o parto e a produción de leite.

image003

O berce do «amor de nai» parece estar localizada no hipotálamo, precisamente o lugar do cerebro onde se produce a oxitocina. En concreto, este comportamento de todas as femias dos mamíferos, parece residir na área preóptica medial. Comprobouse que as lesións localizadas nesta zona interrompen os coidados maternais en ratas, explican Craig Kinsley e Elisabeht Meyer nun artigo publicado na revista «Investigación e Ciencia».

Mentres estaba a punto de dar a luz o seu segundo fillo, Elisabeth Meyer, como neurocientífica, estudaba os cambios que se producen no cerebro durante a xestación. Aínda que iso non lle evitaba as molestias propias do embarazo, sinala, polo menos proporcionábanlle certo consolo, porque os coñecementos científicos que ía adquirindo lle revelaban as alteracións positivas que se ían producindo no seu propio cerebro.
descarga (4)
Así soubo que os mareos que experimentaba eran unha secuela dese cambio gradual do cerebro para adaptarse á maternidade e facer fronte á grande esixencia que supón. Descubriu que, a cambio, despois do parto se incrementa a materia gris en determinadas áreas do cerebro relacionadas coa planificación e a integración sensorial, a resistencia ao estrés, a atención selectiva e algúns tipos de memoria. Todas estas áreas están implicadas no coidado infantil.

Ademais, as flutuacións hormonais favorecen a aparición de protuberancias diminutas nas neuronas, denominadas espiñas dendríticas, que aceleran o procesamento da información. Talvez por iso, sinala Meyer, as nais poden converterse en «multitarefa», atendendo a varias cousas á vez sen fallar no intento.

Interacción co bebé
Tras o parto, a influencia hormonal pasa a un segundo plano e é a interacción co bebé a que alimenta o «amor de nai», que como no coñecido slogan aumenta día a día. «Un recén nacido fai todo o posible por atraer a atención da nai.

O seu choro, o seu olor único e o modo de agarrar cos seus dedos os da súa nai actuán como un puñado de sensacións sobre o sensible sistema nervioso materno», sinala Meyer. Coas caricias, prodúcese oxitocina na nai e o bebé, que afianza o vínculo entre ambos os dous.

Os lazos que se crean nesta etapa da vida son decisivos para a saúde física e tamén psicolóxica e mental do pequeno, segundo un estudo levado a cabo pola Universidade de Emory que foi publicado na revista «Frontiers in Behavioral Neuroscience».

ninos-rutinas-01-z

Esa interacción provoca cambios no cerebro do bebé que determinarán a súa resposta ás demandas do ámbito, non só nos primeiros anos senón tamén na vida adulta. Un bo apego farao máis resistente ao estrés e aos trastornos mentais. E é que o amor de nai é tamén o mellor.

Por isto dicimos que somos o que somos grazas a elas, as mulleres que nos criaron, e ás que lle debemos o máis valioso que temos, a vida.

Adeus á sonda MESSENGER !

Despois de máis de dez anos de exploración espacial, a sonda Messenger (MErcury Surface, Space ENvironment, GEochemistry and Ranging) da NASA, xa está lista para rematar a súa misión chocando na superficie do planeta máis cercano ó Sol, Mercurio. A colisión ocurrirá o 30 de Abril.

h_messenger_atmerc_02

Mercurio é o planeta máis pequeno do sistema solar, cunha circunferencia ecuatorial de soamente 15,329 kms, é apenas un pouco máis grande que a nosa Lúa. A superficie de Mercurio ten temperaturas que van de 430 a -180 graos centígrados no ciclo día/noite. O MESSENGER foi lanzado no 2004 e levoulle seis anos e medio chegar a Mercurio, para intentar desvelar os segredos do desolado planeta. A sonda leva unha colección de oito intrumentoscientíficos que puideron determinar a composición da superficie, caracterizar a magnetósfera do planeta así como a definición da intricada estrutura interna de Mercurio.

mercurio

Ademáis no 2012, a nave foi a responsable de descubrir depósitos de auga en forma de xeo escondido nos cráteres que están sempre na sombra. Este descubrimento ten implicacións profundas sobre como os planetas como o noso obtiveron grandes depósitos de auga e con eles a vida.

A misión remata porque se está a esgotar o combustible da sonda e por iso iniciáronse as catro manobras para facer chocar a sonda contra Mercurio. “Por primeira vez na historia temos un coñecemento real sobre o planeta Mercurio que se tes mostrado como un mundo fascinante como parte do noso diverso sistema solar”, dixo John Grunsfeld, administrador asociado da misión.

sonda_messenger

Desafortunadamente a colisión da nave co planeta parece que acontecerá no lado afastado de Mercurio (visto dende a Terra), o que implica que non se poderá observar os momentos finais da nave. Como sexa, esta foi unha das misións máis exitosas da NASA.

Zumo de laranxa + Un globo….

Todos sabemos o que é un globo de plástico e un zumo de laranxa, pero, que sucede si vertemos unha mínima gota de zumo sobre o globo? Mirade este vídeo e logo explicareivos a que se debe esta increíble reacción química.

É sencillo, o globo simplemene explota, pero a que se debe isto?

A laranxa contén un hidrocaruro que se encontra con maior concentración na monda la laranxa, o limoneno é o aceite esencial que aporta o forte olor a laranxa. Este hidrocarburo é un líquido sin cor e inflamable a altas temperaturas. Cabe destacar, que o limoneno non é tóxico para o ser humano, pero si pode causar alerxias.

1107-755x380

Polo que, tal e como observamos no vídeo, cando exprimimos un trozo de monda de laranxa sobre o globo, o limoneno entra en contacto coa superficie deste, e explota.

Este é un gran “truco” si queredes deixar anonadados a cativos, xa que quedarán coa boca aberta!

Algo máis que unha gominola…

A todos nos gustan os chicles xa sexa polo seu sabor, polo seu olor, porque ó mascalos evitamos inxerir outros alimentos… pero despois de ler este artigo os chicles gustarannos un poquiño máis xa que mascar chicle habitualmente é unha actividade beneficiosa para a saúde bucodental.

Un estudo do Centro Médico Universitario da Universidade de Groningen (Países Baixos) asegura que ata un 10% das baterias que habitan na nosa boca quedan pegadas ás gomas de mascar.

descarga

Para realizar o estudo, cinco estudantes de enxeñería biomédica “dedicáronse” a mascar dous tipos diferentes de chicles durante periodos de tempo (dende 30 segundos ata 10 minutos).

Logo de analizar as gomas de mascar, os investigadores chegaron á conclusión de que canto máis se masca un chicle, máis especies de bacterias captura. Iso si, logo dos primeiros 30 segundos de mascado comeza a perder a súa acapacidade de adherir microbios.

chicle

Sen embargo, non todos os chicles son beneficiosos para atrapar as bacterias. Os chicles endulzados con azúcares naturais, pola contra, aliméntanas.

Según os científicos, “as bacterias morren cando están pegados ó chicle por acción do xilitol, conservantes alimenticios ou aromas”.

Grazas a este estudo, os seus autores aumentaron as súas metas, e ambicionan elaborar chicles moito máis efectivos contra as bacterias, o que podería significar unha gran diminución de caries.

Ganímedes, un satélite cun océano “dentro”…

Ganímedes é o satélite máis grande de Xúpiter e tamén do Sistema Solar. Según observacións realizadas co telescopio espacial Hubble, decatámonos que este corpo celeste alberga un gran océano subterráneo que contén máis auga líquida da que hai na Terra.

Según o cálculo dos científicos na NASA que levaron a cabo esta investigación o océano tería uns 100 kilómetros de profundidade de auga salgada e estaría baixo unha corteza de 150 kilómetros de espesor, composta maiormente por helio.

280px-Noaa_ganymede

Ganímedes foi descubeto por Galileo no ano 1610, ten un tamaño similar ao de Mercurio e conta cun campo magnético propio (é o único satélite do Sistema solar que o ten) e unha atmosfera fráxil, moi distinta á da Terra e nas que o telescopio Hubble encontrou indicios de osíxeno.

Este telescopio foi utilizado ademais para observar as auroras, fenómeno vinculado ó campo magnético do satélite; pero ó orbitar tan cerca de Xúpiter, este corpo tamén se ve influida polo campo magnético deste.

Os científicos observaron o comportamento das auroras para decatarse que debaixo da corteza de Ganímedes hai unha gran masa auga salgada que inflúe no seu campo magnético. Un dos autores principais deste traballo, Joachim Saur, investigador da Universidade de Colonia en Alemania explicou que sempre pensou en como empregar un telescopio para mirar o que hai no interior dun corpo planetario, e viñéronlle á mente as auroras xa que están controladas polo campo magnético. Así observándoas de forma adecuada, obtivo a información necesaria sobre o campo magnético para saber algo máis do interior da lúa.

jupiter-ganimedes

Olga Prieto, xeóloga planetaria do Centro de Astrobioloxía (CAB-CSIC-INTA) é unha das investigadoras que planificou a misión JUICE (Jupiter Icy moons Explorer) que a Axencia Espacial Europea (ESA) ten previsto lanzar ó sistema de Xúpiter no ano 2022, a onde chegaría no 2030. Un dos principais obxetivos desta sonda será investigar Ganímedes e indagar máis sobre o oceáno de auga líquida que posúe.

John Grunsfeld, un dos responsables do departamento científico da NASA, opina que un océano profundo baixo a corteza xeada da lúa Ganímedes abre a posibilidade de que haxa vida máis alá da Terra.

O tití de Milton…

Un grupo de científicos descubriron unha nova especie de monos nunha rexión remota da selva amazónica, xunta o río Roosvelt, en Brasil. Estes animais son grises, con cola laranxa moi brillante e patillas ocres, cores que os diferencian de outras especies do seu xénero, o dos monos titís.

A especie foi bautizada como tití de Milton (Callicebus miltoni) e habita unha pequena rexión en terras baixas da selva tropical.

 

1425493069_048805_1425497277_sumario_normal

 

A especie foi vista por primeira vez polo investigador Julio César Dalponte en decembro do 2010. Como outros titís, a nova especie vive nas árbores, donde sealimentan de fruta e forman grupos familiares compostos por unha parella e as súas crías. os monos soen sentarse xuntos en ramas coas súas colas colgando e entrelazadas.

 

1425493069_048805_1425497573_sumario_normal

 

 

Como casi todas as novas especies que se descubren, os titís de Milton están considerados en perigo. Estos animais non saben nin nadar nin atravesa terreos montañosos, polo que viven rodeados de ríos e colinas, según alertan as ONG. Só un cuarta parte do seu hábitat, 5000 hectáreas está protexido pola lexislación medioambiental brasileña.

As ONG denuncian que a deforestación na rexión é alta e que os incendios tamén supoñen unha ameaza. Ademais de que algunhas crías son capturadas por xente dos pobos locais para ser vendidas como mascotas. Alertan asimismo de que o goberno brasileño planea novas carreteras e presas hidroeléctricas, ameazando así a selva.

É neste momento cando precisamos preguntarnos si estamos facendo as cousas ben, xa que descubrimos unha especie e en vez de protexela, planeamos novos proxectos que o que poden causarlles a estes animais é a súa desaparición.

Se queredes saber máis sobre o descubrimento desta nova especie só tendes que visitar esta páxina!