Un grupo de científicos descubriron unha nova especie de monos nunha rexión remota da selva amazónica, xunta o río Roosvelt, en Brasil. Estes animais son grises, con cola laranxa moi brillante e patillas ocres, cores que os diferencian de outras especies do seu xénero, o dos monos titís.
A especie foi bautizada como tití de Milton (Callicebus miltoni) e habita unha pequena rexión en terras baixas da selva tropical.
A especie foi vista por primeira vez polo investigador Julio César Dalponte en decembro do 2010. Como outros titís, a nova especie vive nas árbores, donde sealimentan de fruta e forman grupos familiares compostos por unha parella e as súas crías. os monos soen sentarse xuntos en ramas coas súas colas colgando e entrelazadas.
Como casi todas as novas especies que se descubren, os titís de Milton están considerados en perigo. Estos animais non saben nin nadar nin atravesa terreos montañosos, polo que viven rodeados de ríos e colinas, según alertan as ONG. Só un cuarta parte do seu hábitat, 5000 hectáreas está protexido pola lexislación medioambiental brasileña.
As ONG denuncian que a deforestación na rexión é alta e que os incendios tamén supoñen unha ameaza. Ademais de que algunhas crías son capturadas por xente dos pobos locais para ser vendidas como mascotas. Alertan asimismo de que o goberno brasileño planea novas carreteras e presas hidroeléctricas, ameazando así a selva.
É neste momento cando precisamos preguntarnos si estamos facendo as cousas ben, xa que descubrimos unha especie e en vez de protexela, planeamos novos proxectos que o que poden causarlles a estes animais é a súa desaparición.
Se queredes saber máis sobre o descubrimento desta nova especie só tendes que visitar esta páxina!