O pasado 13 de maio, fixeron cento vinte e sete anos do nacemento dunha das sismólogas máis importamntes que existiron, Inge Lehmann.
Esta gran muller danesa naceu o 13 de maio de 1888 e faleceu o 21 de febrero de 1993. Filla dun psicólogo experimental, Alfred Georg Ludvik Lehmann, comezou os seus estudos nunha escola pedagóxica progresista dirixida por Hanna Adlers. Según Lehmann, o seu pai e Adler foron as dúas influencias máis importantes no seu desarrollo intelectual. Estudou matemáticas Copenhague e Cambridge pero con algunhas interrupcións debidas ó seu mal estado de saúde. Converteuse en asistente xeodésica de Niels Erik Nørlund, quen lle encargou a tarea de creación de observatorios sismolóxicos en Dinamarca e Groenlandia. Foi nesta etapa da súa vida, cando comezou a interesarse de verdade pola sismografía.
En 1920 obtivo o título en matemática despois de 12 anos de estudos de pregrado e postgrado na universidade de Copenhague e de Cambridge.
Lehmann comezou a carreira de sismoloxía en 1925 e coa axuda de N.E. Norlund estudou de redes sísmicas en Dinamarca e en Groenlandia. En 1928 foi nomeada a primeira xefa do departamento de sismoloxía do Real Instituto Xeodésico Danés, e no que permaneceu durante 25 anos.
Foi a pioneira en defender a idea de que o núcleo interno da Terra está dividido en dúas partes: unha esfera interna sólida e unha capa viscosa que envolve á anterior. A existencia dunha capa interior do núcleo interno maniféstase porque as ondas P (ondas primarias no rexistro sismolóxico) desvíanse e cambian de velocidade (aceleran) ó atravesar a discontinuidade que separa as dúas partes do núcleo. Esta discontinuidade recibe o nome de Bello, de Wiechert-Lehmann-Jeffrys ou discontinuidade de Lehmann, no seu honor. Aínda que normalmente con este último nome faise referencia á discontinuidade que hai a uns 190-220 km de profundidade no manto que tamén foi descuberta por Lehmann.