A primeira compañía privada que poderá realizar misións comerciais tripuladas é Boeing, e o destino destas viaxes será a Estación Espacial Internacional (ISS), tras acadar a certificación da NASA. A empresa SpaceX de Elon Musk tamén está desarrollando unha cápsula para ir máis alá das misións de carga, polo que estás dúas compañías competiran nun futuro próximo.
Esta certificación significa que a compañía aeroespacial estadounidense está autorizada para realizar a primeira misión de servicio baixo o contrato de capacidade comercial de transporte tripulado (Commercial Crew Transportation Capability). Boeing xa foi seleccionada en setembro do ano pasado como unha das compañías para construír unha nave espacial tripulada que faga misións de servicio á EEI.
Desta forma, EEUU deixará de depender das lanzadeiras rusas, tras xubilar os transbordadores espaciais en xulio de 2011 co último voo do Atlantis. A cápsula de Boeing bautizouse como a CST-100 e con ela espérase chegar á Estación Espacial çen 2017.
Boeing ten previstos dous vóos que poderán ser seis. Polo de agora a compañía conseguiu demostrar que o deseño está o suficientemente capacitado para proceder ó ensamblaxe e realizar as primeiras probas.