Feliz día mamá!

Non hai unha experiencia comparable a traer un neno ó mundo, en especial para a nai que o levou 9 meses no seu seo. Coidar e preocuparse pola supervivencia do recén nacido é un sentimento que vai pegado a converterse en nai, para logralo, durante o embarazo comezan unha serie de transformacións no cerebro que poñen en marcha o instinto maternal. Grazas a elas, a nai pasa de estar centrada na súa propia existencia a envorcarse no coidado do beebé, que agora, e durante un longo período de tempo, dependerá dela para sobrevivir.

descarga (3)

Ademais do amor de nai, cabe ter en conta que tamén existe unha química cerebral. A diferenza dos réptiles, os mamíferos substituíron a estratexia de poñer moitos ovos e apenas coidalos pola de ter cada vez menos crías e protexelas mellor dende antes do nacemento. A encargada de poñer en marcha os coidados maternos foi a oxitocina, coñecida tamén como «hormona do amor».

En realidade esta última «ocupación» adquiriuna despois. Ó principio esta pequena e primitiva proteína encargábase de manter o balance axeitado de sal e auga. Logo empezouse a ocupar das condutas reprodutoras e maternais. Producida no hipotálamo, a rexión do cerebro encargada de coordinar as condutas esenciais para supervivencia, a oxitocina actúa como hormona e como neurotransmisor. A súa liberación ao final do embarazo provoca as contraccións durante o parto e a produción de leite.

image003

O berce do «amor de nai» parece estar localizada no hipotálamo, precisamente o lugar do cerebro onde se produce a oxitocina. En concreto, este comportamento de todas as femias dos mamíferos, parece residir na área preóptica medial. Comprobouse que as lesións localizadas nesta zona interrompen os coidados maternais en ratas, explican Craig Kinsley e Elisabeht Meyer nun artigo publicado na revista «Investigación e Ciencia».

Mentres estaba a punto de dar a luz o seu segundo fillo, Elisabeth Meyer, como neurocientífica, estudaba os cambios que se producen no cerebro durante a xestación. Aínda que iso non lle evitaba as molestias propias do embarazo, sinala, polo menos proporcionábanlle certo consolo, porque os coñecementos científicos que ía adquirindo lle revelaban as alteracións positivas que se ían producindo no seu propio cerebro.
descarga (4)
Así soubo que os mareos que experimentaba eran unha secuela dese cambio gradual do cerebro para adaptarse á maternidade e facer fronte á grande esixencia que supón. Descubriu que, a cambio, despois do parto se incrementa a materia gris en determinadas áreas do cerebro relacionadas coa planificación e a integración sensorial, a resistencia ao estrés, a atención selectiva e algúns tipos de memoria. Todas estas áreas están implicadas no coidado infantil.

Ademais, as flutuacións hormonais favorecen a aparición de protuberancias diminutas nas neuronas, denominadas espiñas dendríticas, que aceleran o procesamento da información. Talvez por iso, sinala Meyer, as nais poden converterse en «multitarefa», atendendo a varias cousas á vez sen fallar no intento.

Interacción co bebé
Tras o parto, a influencia hormonal pasa a un segundo plano e é a interacción co bebé a que alimenta o «amor de nai», que como no coñecido slogan aumenta día a día. «Un recén nacido fai todo o posible por atraer a atención da nai.

O seu choro, o seu olor único e o modo de agarrar cos seus dedos os da súa nai actuán como un puñado de sensacións sobre o sensible sistema nervioso materno», sinala Meyer. Coas caricias, prodúcese oxitocina na nai e o bebé, que afianza o vínculo entre ambos os dous.

Os lazos que se crean nesta etapa da vida son decisivos para a saúde física e tamén psicolóxica e mental do pequeno, segundo un estudo levado a cabo pola Universidade de Emory que foi publicado na revista «Frontiers in Behavioral Neuroscience».

ninos-rutinas-01-z

Esa interacción provoca cambios no cerebro do bebé que determinarán a súa resposta ás demandas do ámbito, non só nos primeiros anos senón tamén na vida adulta. Un bo apego farao máis resistente ao estrés e aos trastornos mentais. E é que o amor de nai é tamén o mellor.

Por isto dicimos que somos o que somos grazas a elas, as mulleres que nos criaron, e ás que lle debemos o máis valioso que temos, a vida.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s