Despois de máis de dez anos de exploración espacial, a sonda Messenger (MErcury Surface, Space ENvironment, GEochemistry and Ranging) da NASA, xa está lista para rematar a súa misión chocando na superficie do planeta máis cercano ó Sol, Mercurio. A colisión ocurrirá o 30 de Abril.
Mercurio é o planeta máis pequeno do sistema solar, cunha circunferencia ecuatorial de soamente 15,329 kms, é apenas un pouco máis grande que a nosa Lúa. A superficie de Mercurio ten temperaturas que van de 430 a -180 graos centígrados no ciclo día/noite. O MESSENGER foi lanzado no 2004 e levoulle seis anos e medio chegar a Mercurio, para intentar desvelar os segredos do desolado planeta. A sonda leva unha colección de oito intrumentoscientíficos que puideron determinar a composición da superficie, caracterizar a magnetósfera do planeta así como a definición da intricada estrutura interna de Mercurio.
Ademáis no 2012, a nave foi a responsable de descubrir depósitos de auga en forma de xeo escondido nos cráteres que están sempre na sombra. Este descubrimento ten implicacións profundas sobre como os planetas como o noso obtiveron grandes depósitos de auga e con eles a vida.
A misión remata porque se está a esgotar o combustible da sonda e por iso iniciáronse as catro manobras para facer chocar a sonda contra Mercurio. “Por primeira vez na historia temos un coñecemento real sobre o planeta Mercurio que se tes mostrado como un mundo fascinante como parte do noso diverso sistema solar”, dixo John Grunsfeld, administrador asociado da misión.
Desafortunadamente a colisión da nave co planeta parece que acontecerá no lado afastado de Mercurio (visto dende a Terra), o que implica que non se poderá observar os momentos finais da nave. Como sexa, esta foi unha das misións máis exitosas da NASA.