O Laboratorio do medo atópase en Manhattan, baixo as ordes do estadounidense Joseph LeDoux e é o lugar de traballo dunha quincena de investigadores que tratan de comprender por qué sentimos medo. Un dos membros desta “brigada do medo” que está no Centro para a Ciencia Neural da Universidade de Nova York, é o neurocientífico español Lorenzo Díaz-Mataix, acaba de identificar os mecanismos cerebrais que convirten as experiencias desagradables en recordos imborrables durante anos.
Díaz-Mataix investigou o cráneo de centos de ratas, e no máis profundo dos seus cerebros como nos de humanos, está a amígdala, unha rexión do tamaño dunha améndoa nas personas á que os científicos coñecen como o almacén do medo. Crése que nela gárdase durante anos os recordos das experiencias máis traumáticas vividas ao largo das nosas vidas.
En 2010 coñeceuse o caso dunha muller estadounidense de 44 anos coa amígdala completamente danada por unha enfermidade xenética moi rara. A muller coñecida como SM era incapaz de sentir medo. Un grupo de investigadores “estudiarona” provocándolle todo tipo de experiencias normalmente traumáticas, pero a SM non sentía ningún tipo de medo.
Para demostrar a teoría do científico Hebb o equipo de Díaz- Mataix fixo diversos experimentos con ratas. Gracias a unha técnica coñecida como optoxenética, os investigadores instalaron xens de algas sensible á luz a bordo de virus, que funcionan como taxis microscópicos, e inxectáronse nos cráneos de ratas. Unha vez nas neuronas dos roedores, os xens eran capaces de producir unha proteína que funciona como un interruptor da célula, activándoa ou desactivándoa en función de ráfagas de luz láser enviadas polos científicos.
(Díaz- Mataix)
As ratas coa amígdala cerebral apagada eran incapaces de recordar o chispazo. Ó mesmo tempo, activar as amígdalas de ratas que non sufriran a pequena electrocución servía para xerar medo ao pitido sin necesidade de ningún tipo de shock. Sin esta activación non hubo aprendizaxe.
“Nos enfermos con estrés postraumático, ansiedade ou depresión, o seu cerebro non é capaz de aprender que o que unha vez foi perigroso xa non o é, e seguen respondendo de forma esaxerada”, señala o neurocientífico español.
A comunidade científica internacional traballa desde fai uns anos en intentar borrar esos malos recordos. Díaz-Mataix defende que cando se abre o baúl dos recordos é o momento de cambialos.