Un adianto na curación do cáncer de mama.

Un cambio na quimioterapia antes da ciruxía pode supoñer tasas de remisión do cáncer de mama un 31% mellores, según datos que se presentaron onte no congreso sobre a patoloxía de San Antonio (Texas) polo Grupo Alemán de Cáncer (GBG) con participación do Grupo Español para a Investigación en Cáncer de Mama (Geicam). A tasa pode ser de ata un 87% de mellora (dunha remisión completa do cáncer do 25,7% ó 48,2%) nos triple negativos, os que, por carecer de marcadores específicos (por eso son negativos) teñen peor pronóstico e representan a maioría dos falecementos por esta patoloxía. A remisión do tumor está directamente vinculada coa supervivencia, aínda que non sexa exactamente equiparable a unha curación.

CDR740902-750

O cambio consiste en añadir un “coadyuvante” (unha molécula que potencia o seu efecto) ó paclitaxel (Taxol de nombre comercial), un dos quimioterápicos máis utilizados. O resultado é o chamado nab-paclitaxel de Celgene. Trátase de formar nanomoléculas unindo albúmina ó paclitaxel. Con esta combinación consíguese dirixir máis precisamente o fármaco ás células tumorais, o que, ademáis, permite aumentar a dose.

O nab-paclitaxel xa se usa en tumores de mama metastásicos. Ahora,  a novidade consiste en usalo nos cánceres primarios (que aínda non se extenderon), ca ventaxa de mellores resultados. Tamén conseguiron bos resultados noutros cánceres, como o de páncreas. Como cabe esperar destos fármacos tecnolóxicamente adiantados, o seu problema é o prezo. O fármaco costa máis de 300 euros, según o Vademécum español, mentras que o paclitaxel sen “coadyuvante” costa pouco máis de 60.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s