Aterrará Philae no cometa?

Mañá, mércores día 12 está previsto o primeiro (pode ser que se pospoña uns días) aterraxe dun robot, Philae, sobre un cometa (no punto J, apodado agora “Agilkia”). Este é o paso previo ó obxectivo final, a viaxe interplanetaria humana ó planeta Marte no ano 2035 que a NASA quere levar a cabo.

Rosetta_Philae_Artist_Impression_Close_4k

A misión que leva a cabo todo este proxecto é coñecida co nome de Misión Rosetta. Rosetta é unha sonda espacial da Axencia Espacial Europea (ESA) que foi lanzada o 2 de marzo do 2004; desde ese ano levan traballando na misión (orbitar ó redor do cometa, e enviar o módulo de aterraxe, Philae).

Philae foi creado pola ESA, con colaboración internacional liderada por Alemania, Francia e Italia; pesa uns 100 kilogramos e é do tamaño dunha lavadora pero que ten no seu interior un dos laboratorios máis sofisticados da nosa época. É capaz de obter información de todo tipo sobre a composición do cometa. Esto é importantísimo para entender mellor como comenzou a historia do noso sistema solar e polo tanto, o lugar onde vivimos. Philae encontrarase a uns 500.000 km de distancia, unha vez que o robot aterre sobre o cometa comezará o seu traballo. Para aterrar o robot ten dous arpóns, uns propulsores superiores e uns taladros nas patas para anclarse e manterse fixo na superficie do cometa.

descarga (6)

En principio a misión non debería fallar, e si así é, este será un gran paso no mundo da ciencia para descubrir máis sobre o noso planeta, e para preparar as futuras expedicións que se pretender conseguir ao planeta roxo, Marte.

Se queredes saber máis sobre o proxecto ou seguir os próximos avances nesta aspiración non tendes máis que visitar o blogue da misión ou tamén podesdes entar nesta outra páxina sobre Rosetta.

Advertisement

2 comentarios en “Aterrará Philae no cometa?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s