Despois de 60 anos, o Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN), ubicado xunto a Xinebra, estará dirixido por primeira vez por unha muller, a italiana Fabiola Gianotti, física experimental de partículas de 52 anos. Leva máis de 25 traballando no laboratorio europeo nos seus programas estrela, e no LHC (large hadron collider), que é o acelerador de partículas máis grande e enerxético do mundo.
Gianotti foi a directora de ATLAS, un dos experimentos-detectores que axudaron a confirmar a existencia do bosón de Higgs, coñecida popularmente como a “partícula de Dios”, un hachazo fundamental para explicar por qué existe a materia tal e como a coñecemos. Este descubrimento fixo que François Englert e Peter Higgs en 2013 foran galardonados co premio Nobel pola súa famosa proposta da existencia do bosón.
O consello dos delegados dos países membros do CERN (21 en total, incluida España) nombrou onte a Gianotti, entre numerosos candidatos, a italiana asumirá o cargo en Xaneiro do 2016 durante cinco anos e sustituirá no cargo ó actual director xeral, o físico alemán Rolf Heuer.
A futura primeira directora do CERN tras o seu nombramento sinalou que isto debería animar a xóvenes mulleres a implicarse na investigación. Así mesmo comprometeuse a estar atenta para que as mulleres teñan as mesmas oportunidades ca os homes.
Excelente noticia e excelente entrada. Suxestión de ligazóns: CERN, bosón de Higgs, ATLAS, LHC….Segue así
GústameGústame