O ébola, unha enfermidade que “está de moda”.

Últimamente non escoitamos falar doutra enfermidade que non sea o ébola, non si? Pero, que é realmente o ébola? Pois o primeiro que temos que saber é que é un virus, causante da enfermidade infecciosa do ébola tamén coñecida como febre hemorráxica do ébola, que afecta tanto a seres humanos como a outros mamíferos.

O virus pode contaxiarse por contacto co sangue ou fluídos corporais de animais infectados (xeralmente monos e murciélagos).

28

O nome provén do  río Ébola na república Democrática do Congo, donde foi identificado en 1976 por primeira vez cando tivo lugar unha epidemia con alta mortalidade.

Os seus síntomas son febre, dor de garganta, dores musculares, dor de cabeza, erupcións vermellas na pel, conxestión conxuntival (ollos vermellos); seguidos por náuseas, vómitos, diarrea, fallo hepático e renal, e nalgúns pacientes aparecen complicacións hemorráxicas. Estas manifestacións comenzan entre os dous días e as tres semanas despois de contraer o virus.

ContagioVirusEbola

Polo de agora non existe ningunha cura contra o virus, pero o que debemos preguntarnos é: si esta vacina non existe é realmente por que non hai métodos nin infraestructuras para desarrollala ou porque ás grandes farmaceúticas non lles convén, xa que é en África (país tercermundista) onde máis infectados hai? Que debemos esperar? A que os casos de ébola avancen cara o resto dos continentes para que as farmaceúticas se poñan as pilas e comencen a necesitar producir a vacina para gañar cartos?

Nobel de química.

Boas!

Pois hoxe tócanos falar un pouco dun dos premios que fai pouco foron otorgados, o premio nobel de química. Este ano os galardonados foron os estadounidenses Eric Betzig, William E. Moerner e o alemán Stefan W. Hell, polo seu nanoscopio.

O microscopio fluorescente de alta resolución permite ver moléculas individuales en células vivas, algo ata agora imposible cas técnicas dos microscopios ópticos tradicionais. Este avance contribuíu ao estudio de enfermedades como o alzheimer e o parkinson, así como na análise de procesos cognitivos nas neuronas do cerebro.

15483032305_e975247785_z

Hoxe, a nanoscopía (técnica que consiste no empleo de moléculas fluorescentes nos microscopios de alta resolución) utilízase en todo o mundo e «produce diariamente un novo conocemento para maior beneficio da humanidade», declara o comité dos Nobel. Gracias a esta invención, os científicos poden ver, por exemplo, como as moléculas crean sinapsis entre as células nerviosas do cerebro e poden rastrear proteínas implicadas na enfermidade de Parkinson, a de Alzheimer ou a de Huntington.

Os laureados foron:

O estadounidense Eric Betzig, nacido en 1960, é doctor pola Universidade Cornell de Ithaca (Nueva York) e traballa no Instituto Médico Howard Hughes, de Ashburn (EEUU).

O alemán Stefan W. Hell, nacido en Rumanía en 1962, doctorouse na Universidade de Heidelberg e dirixe o Instituto Max Planck de Química Biofísica, en Gotinga (Alemania), e o Centro Alemán de Investigación contra o Cáncer de Heildelberg.

O terceiro premiado, o estadounidense William E. Moerner, naceu en 1953, doctourouse tamén na Universidade Cornell, e traballa na Universidade de Stanford.

54354559884b7_800x533

Se queredes saber un pouco máis sobre o tema só tendes que clicar aquí ou neste outro enlace.

Pois estes señores ós que podemos chamar xenios foron os galardonados neste ano 2014 co premio nobel de química, sen máis deixovos por hoxe.

Un saúdo!

Boas!

Benvidos ó blog Con Ciencia, que será durante este ano un dos nosos proxectos para a materia CMC, nel irei escribindo sobre distitas noticias da actualidade, espero que vos axude para saber algo máis sobre a realidade que nos rodea.