Un animal con características propias das plantas…

Ser unha planta é a máxima aspiración dunha babosa mariña que prefire vivir da luz do sol a ter que deambular polo fondo do mar en busca de comida. É denominada Elysia clorótica, ten un aspecto parecido á folla dunha verdura mide apenas seis centímetros e habita as costas desde Nova Escocia ata o sur de Florida.

descarga (10)

“Elysia” aliméntase dun alga chamada Vaucheria litorea, que é autótrofa, é dicir realiza a fotosíntese grazas ós plastos que posúe; así que Elysia decide roubarllos. Como moitos sacoglosos, este molusco opistobranquio utiliza a cleptoplastia para asimilar os cloroplastos das algas que consume, desta forma asegúrase conseguir alimento grazas á fotosíntese se as algas que consumen escasean.

A babosa aprendeu a dixerir as algas sen danar os preciados cloroplastos, capaces de transformar a luz solar en comida. Así que trátaos con moitísimo coidado e intégrao nas súas células dixestivas. Grazas a esto é capaz de vivir meses sin comer nada, simplemente alimentándose da luz do sol. Por isto considérase a Elysia como o primeiro animal capaz de realizar a fotosíntese. Pero o mérito desta especie vai máis aló xa que no seu cromosoma ten xenes da alga indispensables para manter en bo estado os cloroplastos que lle rouba. De modo que se convirteu no primeiro caso de transferencia de xenes funcionais dunha especie multicelular a outra (transferencia horizontal de xenes).

descarga (11)

O xene incorporado transmítese a seguinte xeración. Este é o soño de toda persoa que se dedica a terapia xenética: unha que sea definitiva e se tranfira de pais a fillos: “o xene incorpórase no cromosoma da babosa e transmítese á seguinte xeración”. A descendencia só ten que “roubar” os cloroplastos a outras algas, posto que o xene para mantelos xa están presentes no seu material xenético que recibiron dos seus proxenitores. images (12) Averiguar o mecanismo desta transferencia de xenes de orixe natural pode ser moi instructivo para futuras aplicacións médicas, señala un dos autores do estudio, Sidney K. Pîerce, profesor da Universidade do sur de Florida. Esta adaptación biolóxica é tamén un mecanismo de evolución rápida, explica Pierce.

En 2010, os científicos da Universidade do sur de Florida descubriron cal era o xenoma do animal, aínda que as características da especie xa foran descritas en 1870. Elisya Chorotica é capaz de transmitir a clorofila á súa descendencia, o que ata agora, parecía “imposible”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s