Crecer, crecer e crecer…

Seguro que todos algunha vez oíchedes falar da mula, que é un cruce entre un egua e un asno ou burro, pero o que estou segura é de que nunca ou moi poucas veces escoitastedes falar do ligre, híbrido resultante do cruce entre un león e unha tigresa.

A súa apariencia é a de un león xigantesco con raias de tigre. Coma ós seus predecesores pais (leóns), ós ligres macho crécelles melena, Científicamente é coñecido como  Panthera leo × tigris. Pero estes extraños animais non son obra da natureza, senón que na súa orixe tivo que ver a man do home.

tigon-2         220px-Liger_Jungle_Island

.                       Ligre macho                                                              Ligre femia

O ligre normalmente chega a medir 4m de largo, e a pesar ata 500kg, máis grande ca o tamaño dos seus pais, polo que se considera o felino máis grande do mundo. Estas grandes medidas explícanse polo xen inhibidor do crecemento eradado de ambos os dous proxenitores. polo que o ligre non posúe ningún xen deste tipo e crece durante toda a súa vida. Non obtante, as súas patas e cola son cortas, xa que estas partes si deixan de crecer. Por isto hai ligres machos anciáns que non poden soportar o seu propio peso, quedando así impedidos para camiñar.

Se o cruce se producen entre un tigre macho e unha leoa femia, orixínase un animal máis pequeno e estilizado, o tigón.

z_tigon_liger

 

Moitos dos híbridos orixinados de especies distintas son estériles, en cambio, hai algunhas femias ligres que si poden ser fértiles. Estas chegaron a aparearse con tigres, producindo unha descendencia denominada  ti-ligre, ou con un león, resultando un li-ligre. O primeiro liligre naceu en Rusia, no 2012.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s